Atopan con vida a unha persoa desaparecida en Muros grazas ao servizo de xeolocalización de Whatsapp

Atopan con vida a unha persoa desaparecida en Muros grazas ao servizo de xeolocalización de Whatsapp
Atopan con vida a unha persoa desaparecida en Muros grazas ao servizo de xeolocalización de Whatsapp

O incidente tivo lugar ás 11:30 horas, cando unha persoa particular chamou para solicitar axuda tras perderse por un camiño de pedras ao seguir as indicacións do seu GPS mentres conducía

Unha persoa puido ser encontrada na mañá de ONTE grazas ao envío das súas coordenadas ao 112 Galicia a través do sistema de xeolocalización da aplicación WhatsApp. O incidente tivo lugar ás 11:30 horas, cando unha persoa particular chamou para solicitar axuda tras perderse por un camiño de pedras ao seguir as indicacións do seu GPS mentres conducía.  

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), o alertante non era capaz de seguir adiante debido ás condicións adversas da vía. Ademais, ao non coñecer a zona, o particular optara por permanecer no punto para evitar danar o vehículo no que se atopaba.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron á persoa o envío das súas coordenadas a través da aplicación de mensaxes instantáneos. Nada máis ter constancia da localización, desde o CIAE solicitouse a intervención dos membros do GES de Muros e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Deste xeito, os equipos de emerxencia puideron acudir ao rescate da persoa perdida – nun camiño da parroquia de Santa Mariña de Esteiro, no concello coruñés de Muros – e axudarlle a sacar o vehículo para que puidese seguir o seu camiño.

Comentarios