Abre ao tráfico a estrada AC-303, na parroquia de Oleiros, tras reparar as afeccións causadas polo temporal

A Axencia Galega de Infraestruturas traballou de xeito intenso na fin de semana para retirar a antiga taxea, instalar a canalización e acometer a cobertura con formigón.

A Xunta abre ao tráfico a estrada AC-303, na parroquia ribeirense de Oleiros, tras executar a reparación das afeccións causadas polo temporal da pasada semana.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou onte as actuacións levadas a cabo na fin de semana por parte dos equipos de conservación da Axencia Galega de Infraestruturas.

Cómpre lembrar que as intensas chuvias do xoves pasado destruíron a obra de drenaxe transversal desta estrada e eliminaron o recheo que soportaba a mesma, provocando unha fenda na mesma, á altura do punto quilométrico 4+400.

Para solucionar esta afección na vía autonómica, foi preciso pechar o tráfico para que os equipos de conservación ordinaria da Xunta procederan de inmediato a executar as obras de reparación.

A Axencia Galega de Infraestruturas traballou de xeito intenso na fin de semana para retirar a antiga taxea, instalar a canalización e acometer a cobertura con formigón.

Unha vez realizados estes traballos e aberta onte a circulación, nos próximos días, as actuacións continuarán ao carón da estrada para evitar novas filtracións, pero non serán necesarios cortes de tráfico.

Comentarios
Lo más