O xuíz dá por finalizado o concurso de acredores do Real Club Celta de Vigo

O xuíz dá por finalizado o concurso de acredores do Real Club Celta de Vigo
O xuíz dá por finalizado o concurso de acredores do Real Club Celta de Vigo

O auto que dá por concluído o concurso, con todo, indica que calquera acredor que estime incumprido o convenio no que lle afecte poderá solicitar ao xuíz a declaración de incumprimento

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra declarou “integramente cumprido” o convenio subscrito en xullo de 2009 entre o Real Club Celta de Vigo e os seus acredores. O maxistrado, por tanto, dá por finalizado o concurso.

Na resolución indica que o club “deu o debido cumprimento a todas as estipulacións contidas no convenio aprobado no seu día, segundo os informes semestrais presentados e o informe final achegado pola entidade debedora”. No auto subliña que o cumprimento “resulta confirmado, dalgún modo, mediante a ausencia de presentación de calquera alegación por parte de quen estaba interesado no devandito convenio”.

O auto que dá por concluído o concurso, con todo, indica que calquera acredor que estime incumprido o convenio no que lle afecte poderá solicitar ao xuíz a declaración de incumprimento. Esta acción pode exercitarse desde que se produza o incumprimento e caduca aos dous meses contados desde a publicación do auto de cumprimento. 

Comentarios