Un incendio destrúe unha casa prefabricada en Monfero

Un incendio destrúe unha casa prefabricada en Monfero
Un incendio destrúe unha casa prefabricada en Monfero

Neste momento, os servizos de emerxencia permanecen no lugar do incendio arrefriando a zona afectada polo lume

Un incendio declarado esta tarde nunha casa de madeira prefabricada deixou a vivenda totalmente calcinada, sen que se rexistrasen danos persoais. Os feitos sucederon no lugar da Illa, na parroquia de San Fiz, ao fío das 17:05 horas de onte.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia do lume e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros do Eume, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil das Pontes de García Rodríguez e ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.

Neste momento, os servizos de emerxencia permanecen no lugar do incendio arrefriando a zona afectada polo lume.

Comentarios