O GES de Brión rexistrou catro incidencias por mor do forte vento nas últimas horas

O GES de Brión rexistrou catro incidencias por mor do forte vento nas últimas horas
O GES de Brión rexistrou catro incidencias por mor do forte vento nas últimas horas

A incidencia máis grave tivo lugar ás 18:40 horas na estrada Gándara-Bastavales, onde unha gran árbore caeu sobre o tendido eléctrico e mesmo afectou a parte dun muro da zona

Efectivos do GES de Brión levan retiradas catro grandes árbores caídas nos municipios de Ames e Brión nas últimas horas por mor dos fortes refachos de vento rexistrados na xornada do luns, que se unen ás fortes choivas deixadas pola borrasca Brendan o pasado xoves. Catro incidencias que tiveron lugar na xornada de onte luns, nun intervalo de apenas cinco horas.

A incidencia máis grave tivo lugar ás 18:40 horas na estrada Gándara-Bastavales, onde unha gran árbore caeu sobre o tendido eléctrico e mesmo afectou a parte dun muro da zona. Para a súa retirada foi precisa tamén a colaboración dos Bombeiros de Santa Comba. Previamente, ás 17:20 horas, retirouse outra gran árbore caída a carón da avenida de Santa Minia, á altura do parque municipal de Pedrouzos, e que impedía o acceso ás vivendas da zona.

Finalmente, durante primeiras horas da tarde se recolleron outras dúas árbores caídas na estrada de Vilanova a Vidaloiso (14:00 horas) e na entrada ao polígono industrial do Milladoiro (Ames) ás 15:30 horas.

Comentarios
Lo más