Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal

Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal
Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal

Cebral Gómez agradeceu a colaboración do profesorado do CEIP de Pedrouzos, da escola infantil municipal e das unitarias de Sabaxáns, Os Ánxeles e Luaña

A concelleira de Ensino de Brión, Sandy Cebral, vén de entregar os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar dos centros de ensino do municipio. Un acto que tivo lugar nas instalacións do CEIP de Pedrouzos e no que os nenos e nenas premiados recibiron vales de 30, 25 e 20 euros canxeables por libros, xogos ou material escolar.

Cebral Gómez agradeceu a colaboración do profesorado do CEIP de Pedrouzos, da escola infantil municipal e das unitarias de Sabaxáns, Os Ánxeles e Luaña, onte representados polo director do CEIP de Pedrouzos, Xoán Cabo Pérez.

Despois dunha nada doada selección, o xurado deu a coñecer o seu veredicto e escolleu as que considera mellores postais deste ano:

1º CICLO DE PRIMARIA

1º Premio: Diego Gómez Bouzas de 2º A

2º Premio: Brais Gorgal Rodríguez de 1º A

3º Premio: Valeria Vento Freire de 1º A

2º CICLO DE PRIMARIA

1º Premio: Paula Villamarín García de 4º B

2º Premio: Martín Gorgal Sabugueiro de 3º C

3º Premio: Valentina Rodríguez Ferreiro de 3º A

3º CICLO DE PRIMARIA

1º Premio: Xián Socastro Andrade de 5º A

2º Premio: Martín Peteiro Vila de 6º B

3º Premio: Niko López González de 5º C

Ademais, levaran un libro de agasallo do Concello os/as seguintes finalistas: Amelia Gómez Lois e Xiana Blanco Basalo (3 anos); Martina Remuiñán Nieto e Alejandro Caramés Giménez (4 anos); Paula Señorís González e Hugo Calvo García (5 anos); Roberto Pose Casal (6 anos), Uxía Sobrido Calvo, Fabián Martínez Vázquez, Martín Rodríguez García e Diana Bouzas Sánchez (7 anos); Carola Rodriguez García, Lucía Freire Rodríguez e Bruno Arias Bugallo (9 anos); Ainhoa Ricón Carrillo e Lucía Martínez Caamaño (10 anos); e Alejandro Martínez Caamaño, Zoe de Rojas Rozas e Iria Ruibal Castelo (11 anos).

Comentarios