Reclaman que se garanta a plena asistencia pediátrica no rural da comarca de Compostela, como O Pino e Touro

Reclaman que se garanta a plena asistencia pediátrica no rural da comarca de Compostela, como O Pino e Touro
Reclaman que se garanta a plena asistencia pediátrica no rural da comarca de Compostela, como O Pino e Touro

Óscar Vilar Chento alerta da “nula cobertura de ausencias” que deixou Touro e O Pino sen pediatras no final de 2019

O parlamentario socialista Óscar Vilar Chento vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama á Xunta que garanta a “plena asistencia sanitaria, especialmente en Pediatría”, nos centros de saúde da comarca de Santiago. O responsable socialista alertou de que a “nula cobertura de ausencias” ten deixado Touro e O Pino co servizo pechado “de facto” a finais de 2019.

Alerta de que estes recortes nos servizos de Pediatría “danse de forma recorrente e ano tras ano tamén nos centros de saúde dos concellos de A Baña, Vedra e Val do Dubra”. Este problema “reiterado no tempo”, dixo, “causa malestar entre a cidadanía” que ten protagonizado procesos de mobilizacións e reclamacións por parte dos seus representantes, como a solicitude por escrito enviada polo alcalde de A Baña aos responsables sanitarios, que “segue sen recibir resposta”.

O parlamentario socialista reclámalle á Xunta que “garanta a correcta e plena asistencia sanitaria nos servizos de Atención Primaria para toda a comarca de Compostela, especialmente nos servizos de pediatría dos distintos centros de saúde”. Reclama tamén que “atendan ás solicitudes que trasladen os distintos usuarios, alcaldes, así as corporacións locais, para aclarar as situacións fronte a futuras problemáticas e ofrecer sempre a información sobre as medidas levadas acabo”.

Comentarios
Lo más