Un vehículo bate contra outro cuxo condutor parou para axudar a un terceiro que se saíu da vía co seu coche

Un vehículo bate contra outro cuxo condutor parou para axudar a un terceiro que se saíu da vía co seu coche
Un vehículo bate contra outro cuxo condutor parou para axudar a un terceiro que se saíu da vía co seu coche

Sucedeu ás 22:30 horas da noite de onte na estrada que une Viana do Bolo coa Rúa, á altura do cruce das Hermitas

Un vehículo colidiu contra outro cuxo condutor parou para socorrer a un terceiro que se saíu da vía co seu coche sen carné.

Sucedeu ás 22:30 horas da noite de onte na estrada que une Viana do Bolo coa Rúa, á altura do cruce das Hermitas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, tratouse dunha colisión en cadea que deixou dúas persoas feridas de carácter leve. Así, nun primeiro momento, un vehículo, que se manexa sen a necesidade de permiso de conducir, saíuse da vía no cruce das Hermitas. Cando outro condutor para para botarlle unha man, un terceiro vehículo que circulaba por esa estrada espétase contra o coche do segundo implicado. Unha sucesión de sinistros que, por fortuna, saldouse con dúas personas con lesións leves das que foron atendidas, inicialmente, no Punto de Atención Continuada de Viana do Bolo.

Así o indicaron os membros do GES da Gudiña, que, tras a chamada de alerta do 112 Galicia, acudiron ao lugar dos sinistros para prestar colaboración ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen tivo coñecemento en primeira instancia do suceso.

Comentarios
Lo más