Dous anos de cárcere par o home acusado de abusar sexualmente dunha nena de 12 anos na Mariña

Dous anos de cárcere par o home acusado de abusar sexualmente dunha nena de 12 anos na Mariña
Dous anos de cárcere par o home acusado de abusar sexualmente dunha nena de 12 anos na Mariña

Inicialmente, o fiscal pedía para o acusado, que este xoves ía ser xulgado na Audiencia Provincial de Lugo, unha pena de catro anos de cárcere, a prohibición de comunicarse coa vítima por calquera medio durante 14 anos

Un home acusado de abusar sexualmente dunha nena de 12 anos en casa dos seus pais, na comarca da Mariña, aceptou este xoves unha pena de dous anos de cárcere, ademais da prohibición de achegarse á vítima durante unha década e o pago dunha indemnización de 4.500 euros.

Inicialmente, o fiscal pedía para o acusado, que este xoves ía ser xulgado na Audiencia Provincial de Lugo, unha pena de catro anos de cárcere, a prohibición de comunicarse coa vítima por calquera medio durante 14 anos, outros oito anos de liberdade vixiada e o pago dunha indemnización de 12.000 euros por danos morais.

No escrito de acusación, o ministerio fiscal sostén que o acusado, "en data indeterminada, pero en todo caso antes do verán de 2017", atopábase na casa dos pais da nena, porque era "amigo da familia", e aproveitou esa circunstancia para abusar da menor, que entón tiña doce anos.

"Co propósito de obter unha satisfacción sexual á conta dela, comezou a tocala en determinadas partes do seu corpo e tentou bicala repetidas veces nos beizos", afirma o fiscal, "pedíndolle que lle tocase os seus partes".

"Desa forma, produciuse contacto corporal con significación sexual e inconsentido pola menor", precisa, dado que "non tiña nin a madurez mental nin a formación adecuada para iso".

Ademais, aclara que "o comportamento do acusado produciu nas menor consecuencias negativas tales como sentimento de culpabilidade".

Por mor destes feitos, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Viveiro ditou un auto o 26 de marzo de 2018 para prohibir que o acusado se aproximase á menor a menos de 100 metros.

Comentarios
Lo más