Cae dun tellado un operario que descargaba material en Moraña

Cae dun tellado un operario que descargaba material en Moraña
Cae dun tellado un operario que descargaba material en Moraña

Ocorreu ás 10:00 horas de hoxe nunhas instalacións deportivas situadas á beira da PO-221, no concello pontevedrés de Moraña

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a un operario que caeu dun tellado cando descargaba material.

Ocorreu ás 10:00 horas de hoxe nunhas instalacións deportivas situadas á beira da PO-221, no concello pontevedrés de Moraña.

Como consecuencia da caída, o operario sufriu diversas lesións en cabeza e pescozo, polo que foi evacuado ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra.

O 112 Galicia recibiu a alerta a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa enviaban medios ao lugar do accidente para atender ao ferido que, malia a caída, estaba consciente.

Pola súa banda, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou o apoio dos axentes da Policía Local, así como dos axentes da Garda Civil para aclarar as circunstancias deste accidente laboral.

Comentarios