Adxudicada a pavimentación de tres camiños en Sirves, na parroquia de Olveira por 120.000 euros

Adxudicada a pavimentación de tres camiños en Sirves, na parroquia de Olveira por 120.000 euros
Adxudicada a pavimentación de tres camiños en Sirves, na parroquia de Olveira por 120.000 euros

A execución das obras comporta un investimento de 119.972  euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan de Obras e Servizos Provincial

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación consistente na pavimentación de tres camiños situados no lugar de Sirves na parroquia de Olveira.

A empresa que obtivo a mellor clasificación resultou ser Nemesio Ordóñez, S.A.. A execución das obras comporta un investimento de 119.972  euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan de Obras e Servizos Provincial. O seu prazo de execución son tres meses.

O obxectivo que se persegue con este proxecto consiste en mellorar os firmes actuais de tres viais a base dunha nova pavimentación asfáltica en quente de entre cinco e seis centímetros de espesor.

Con tal motivo, será preciso acondicionar unha superficie de 7.050, 2.115 e 230 metros cadrados, respectivamente. Para isto estenderase un total de 304 toneladas dunha mestura bituminosa.

Comentarios