Caballero pide explicacións a Feijóo "polas irregularidades nas obras do AVE a Galicia"

Caballero pide explicacións a Feijóo "polas irregularidades nas obras do AVE a Galicia"
Caballero pide explicacións a Feijóo "polas irregularidades nas obras do AVE a Galicia"

O secretario xeral resalta que as conclusións do informe do Tribunal de Contas son “da máxima gravidade”, en tanto que revelan decisións do executivo do PP en sentido “contrario ao disposto na lei”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou onte a Feijóo que explique “a súa complicidade co goberno de Rajoy na parálise e as irregularidades nas obras do AVE a Galicia”

Deste xeito aludiu Gonzalo Caballero ao informe do Tribunal de Contas que desvela a suspensión de numerosos contratos do AVE a Galicia por parte do executivo do PP entre 2014 e 2017.

“É unha cuestión de máxima gravidade, porque o Tribunal de Contas conclúe a existencia de irregularidades nos contratos públicos cando o PP gobernaba en España”, aseverou o líder dos socialistas galegos.

Do mesmo xeito, Gonzalo Caballero reprobou a “falta de coherencia” de Feijóo por cuestionar o compromiso do goberno progresista coa finalización desta infraestrutura, toda vez que o ADIF na etapa de Ana Pastor só executou o 49% do orzamento previsto”.

De feito, o ente fiscalizador recolle na súa análise que as obras da alta velocidade ferroviaria foron paralizadas de forma parcial en varias ocasións, e ata chegou a haber un parón total nalgúns tramos por períodos que oscilaron entre os cinco e os oito meses entre decembro de 2015 e agosto de 2017.

Neste contexto, Gonzalo Caballero urxiu a Feijóo que “compareza no Parlamento para explicar a paralización das obras e a súa complicidade co proceso, e para aclarar as irregularidades detectadas”. “O PP enganou a Galicia”, concluíu.

Comentarios