Últimas semanas para presentar orixinais ao II Premio Laudamuco para textos teatrais

Últimas semanas para presentar orixinais ao II Premio Laudamuco para textos teatrais
Últimas semanas para presentar orixinais ao II Premio Laudamuco para textos teatrais

O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro venres 14 de febreiro na Casa da Cultura de Brión onde, a día de hoxe, xa se recibiron unha decena de participantes

Últimos días para presentar orixinais á segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión en colaboración coa Academia Galega de Teatro e con Edicións Positivas. Un galardón de carácter anual, dotado con 7.000 euros e a edición da obra, e que está aberto a autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten unha obra dramática inédita, nunca antes premiada e escrita en lingua galega.

O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro venres 14 de febreiro na Casa da Cultura de Brión onde, a día de hoxe, xa se recibiron unha decena de participantes. “Estamos  satisfeitos pola cantidade de obras recibidas a estas alturas, polo que agardamos que ao longo das próximas semanas poidamos chegar a superar os 54 textos presentados o ano pasado”, explica o técnico de Cultura, Alberto Álvarez. 

ENTREGA DE ORIXINAIS

Para participar no certame é preciso achegar cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Casa da Cultura de Brión (Carballeira de Santa Minia nº 5, C.P. 15865, Brión. A Coruña). Deberase indicar no exterior do sobre “2º Premio Laudamuco para Textos Teatrais 2020”. Nun sobre anexo pechado deberá figurar: o lema (no exterior) e os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, DNI, enderezo postal, número de teléfono, correo electrónico e currículo da autora ou autor (no interior).

O xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte teatral, propostas pola Academia Galega de Teatro e nomeadas polo alcalde de Brión. Na proposta de resolución do xurado haberá unha única obra gañadora. Unha vez emitida a súa resolución, procederase á apertura da plica gañadora nun acto público na data e lugar que se anunciarán oportunamente. O veredicto do xurado, que poderá declarar deserto o premio, será inapelable.

A entrega do “II Premio Laudamuco” terá lugar o 16 de maio de 2020 no transcurso dun acto organizado polo Concello de Brión co gallo do 42 aniversario da posta en escena de Laudamuco, señor de ningures. Trala entrega e aceptación do premio, a Academia Galega de Teatro resérvase o dereito de facer unha lectura dramatizada do texto sen que iso supoña compensación económica para o/a autor/a premiado/a. Os orixinais non premiados poderán ser retirados da Casa da Cultura do Concello de Brión no prazo de 30 días naturais a partir do seguinte da decisión do xurado. Os que non sexan retirados serán destruídos.

Comentarios
Lo más