Galicia rexistrou durante o 2019 os mellores datos de turismo da súa historia

Galicia rexistrou durante o 2019 os mellores datos de turismo da súa historia
Galicia rexistrou durante o 2019 os mellores datos de turismo da súa historia

Galicia é tamén a Comunidade onde máis medrou o turismo en 2019. En concreto, un 6%, moi por riba do 1% de crecemento estatal

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou onte, na rolda de prensa do Consello, os datos turísticos rexistrados na nosa Comunidade o pasado ano. Son os mellores da nosa historia, dixo, con “récord de pernoitas”, preto de 11 millóns e case 5,1 millóns de turistas. 

Galicia é tamén a Comunidade onde máis medrou o turismo en 2019. En concreto, un 6%, moi por riba do 1% de crecemento estatal. Ao fío disto, Feijóo subliñou que estes datos acreditan que Galicia é cada vez máis competitiva grazas á aposta decidida pola calidade e a estreita colaboración establecida co sector.

Por último, o presidente da Xunta remarcou o obxectivo de chegar cos mellores datos e a mellor imaxe posible de Galicia ao Xacobeo 2021, coa confianza de que será o mellor Xacobeo da nosa historia na mellor Galicia da nosa historia. 

Comentarios
Lo más