Os prezos industriais caen un 3,1% en decembro en Galicia

Os prezos industriais caen un 3,1% en decembro en Galicia
Os prezos industriais caen un 3,1% en decembro en Galicia

Os prezos industriais caeron un 3,1% en decembro en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, de acordo cos datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (IINE). En evolución mensual, en decembro con respecto a novembro, os prezos na industria de Galicia baixaron un 0,9%.

Por tipo de bens, a caída interanual máis pronunciada foi a enerxía, cun 9,1%; seguida a bastante distancia polos bens intermedios, cuxos prezos industriais caeron un 1,1%; e os bens de consumo duradeiro, cun descenso do 0,7%.

No conxunto estatal, os prezos industriais baixaron un 0,5% en decembro en relación ao mes anterior e retrocederon un 1,9% en taxa interanual, moderando en cinco décimas a caída que experimentaran en novembro (-2,4%). Con este recorte interanual, os prezos industriais encadean sete meses consecutivos en taxas negativas despois de estar 32 meses en positivo.

GALICIA, SEXTA COMUNIDADE CON BAIXADA ANUAL MÁIS ACUSADA

A moderación no descenso interanual dos prezos industriais debeuse principalmente ao repunte en seis décimas da taxa de enerxía, ata o -6,5%, pola subida dos prezos do refino de petróleo; ao aumento da taxa dos bens de consumo non duradeiro en cinco décimas, ata o 1,6%, polo maior custo do procesado e conservación de carne e elaboración de produtos cárnicos; e ao incremento en catro décimas da taxa de bens intermedios, ata o -1,4%.

En taxa mensual (decembro de 2019 sobre novembro do mesmo ano), os prezos industriais caeron un 0,5%, en contraste co retroceso do 0,6% do mes anterior e da caída do 1% que rexistraron un ano antes. Esta evolución é consecuencia do descenso mensual de prezos na enerxía (-2%) e os bens intermedios (-0,1%), mentres que os bens de consumo non duradeiro aumentaron os seus prezos no mes un 0,4%. 

Comentarios