A Escola Municipal de Música celebra o Día da Paz cun concerto de Zomby Woof

A Escola Municipal de Música celebra o Día da Paz cun concerto de Zomby Woof
A Escola Municipal de Música celebra o Día da Paz cun concerto de Zomby Woof

A Escola Municipal de Música de Santiago organiza coma todos os anos unha actividade enmarcada na celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

É unha constante, dentro das actividades complementarias da Escola, atender todas aquelas iniciativas que teñan como fin o achegamento ao alumnado de todos aqueles valores indispensables na súa formación, sexan de índole educativa, de xénero, ética ou medioambiental, e que complementen, ou mesmo enriquezan, a aportación das familias e os centros educativos.

Con este fin, a Escola organizou un Concerto especial enmarcado dentro desta celebración que estará a cargo do quinteto Zomby Woof, integrado por catro clarinetistas e un percusionista, pertencentes a algunha das máis salientables formacións do noso país, como Marful, Odaiko, Alvariza ou a OSG.

Zomby Woof fará un percorrido musical dunha hora ao longo de máis de 40 anos de músicas populares de diferentes estilos e países, cun marcado interese en desmarcar ao clarinete da súa visión máis académica e amosar a súa versatilidade para protagonizar calquera estilo.

O concerto terá lugar na sede da Escola Municipal este luns, 27 de xaneiro, ás 19.30h e estará aberto a todas as persoas interesadas, ata cubrir o aforo.

 
Comentarios