Xornada xuvenil de interculturalidade no Centro Sociocultural de Vite

Xornada xuvenil de interculturalidade no Centro Sociocultural de Vite
Xornada xuvenil de interculturalidade no Centro Sociocultural de Vite

O centro sociocultural de Vite, en colaboración con outras entidades de Compostela, vai a desenvolver hoxe dia 25 de xaneiro unha xornada de participación xuvenil, adicada a Interculturalidade e orientada á mocidade de 14 a 18 anos.

O programa previsto para a xornada comezará á 13.30 h coa recepción dos participantes e rematará ás 19 da tarde. Ao longo de toda a xornada, os participantes realizarán unha serie de dinámicas por grupos onde se expoñerán diferentes prácticas de interculturalidad a debater. Como peche da xornada levarase a cabo unha asemblea entre todos os asistentes.

Nesta xornada preténdese facilitar a oportunidade de escoitar, mostrar e opinar, a través dun espazo de lecer, diversión e encontro.

As entidades participantes son Cáritas, Centro Xuvenil Don Bosco, Espazo Aberto Galiza, Scouts Chan 292, Neboeira, Don Bosco, Grupos Divino Mestre, Espazo Aberto, Scout Khanhiwara, Scouts Tau e Asociación Feitizo.

A participación é libre e aberta todos/as os interesados, previa inscrición no centro sociocultural de Vite.

Teléfono de contacto: 981.542490. 

Comentarios