Presentado o proxecto de acondicionamento do novo parque verde central do Milladoiro

Presentado o proxecto de acondicionamento do novo parque verde central do Milladoiro
Presentado o proxecto de acondicionamento do novo parque verde central do Milladoiro

O alcalde de Ames, José Miñones, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, estiveron no Milladoiro facendo unha visita ás zonas verdes, que se van acondicionar, e que se atopan xunto a zona de instalacións deportivas (pavillón, pistas deportivas, piscina descuberta, etc), Casa da Cultura e instituto.

Este proxecto, que conta cun orzamento base de licitación de 199.860 euros, está incluído no Plan Impulsa Ames, que se enmarca dento da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) do Concello de Ames. Dito proxecto está financiado con fondo europeos FEDER.

O Concello de Ames traballa na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas do Milladoiro, polo que vai a executar un proxecto para acondicionar as zonas verdes do Milladoiro que están xunto a zona de instalacións deportivas (pavillón, pistas deportivas, piscina descuberta, etc), Casa da Cultura e instituto. Este proxecto, que conta cun orzamento base de licitación de 199.860 euros, está incluído no Plan Impulsa Ames, que se enmarca dento da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) do Concello de Ames. Dito proxecto está financiado con fondo europeos FEDER.

O goberno municipal presentou esta mañá dito proxecto e anuncia que en breve se aprobará o expediente de licitación do novo Parque verde central de Milladoiro, cuxo proxecto xa foi rematado e que posibilitará gañar unha zona de esparexemento e paseo na parte alta do núcleo urbano con zonas de descanso, camiños e areas de xogo. Para o alcalde de Ames, José Miñones, "a nova infraestrutura verde que queremos para Ames comezará cun investimento de 200.000 euros nesta primeira fase, que terá continuidade con case 90.000 euros máis que temos dotados no novo orzamento de 2020”.

A través de dita actuación, que abarca unha superficie de 12.000 metros cadrados de extensión, vaise reordenar o espazo para mellorar as zonas verdes do Milladoiro. Deste xeito, crearanse medio quilómetros de novas sendas peonís; acondicionaranse os accesos ao parque segundo a normativa de accesibilidade; instalarase un novo sistema de alumeado LED con 23 novas luminarias; instalaranse 2 mesas de tenis de mesa; novo mobiliario urbano (8 bancos e mesas), 14 papeleiras e 2 fontes (unha delas accesible); e un novo sistema de drenaxe e rego automático. Tamén se plantará nova vexetación (35 carballos e 9 abeleiras) e plantaranse enredadeiras en 9.500 metros cadrados.

Deste xeito, acondicionarase e ordenarase o espazo verde da zona alta do Milladoiro que está conectado, a través dunhas escaleiras e unha rampla accesible, coa Travesía do Porto, que foi urbanizada 2018 e na que se investiron 245.993 euros. Nesta mesma zona tamén se fixo unha rehabilitación das pistas polideportivas e da piscinas descubertas, construíuse un parque infantil accesible e instaláronse diferentes elementos biosaudables. Na actualidade estase executando un anfiteatro para á mocidade e está previsto construír un parque de calistenia.


Senda peonil ata a zona baixa do Milladoiro

A intención do goberno municipal é potenciar este novo parque verde central do Milladoiro, xa que a zona urbanística cara onde ten que medrar de forma natural esta localidade amesá. Isto é o que segundo o propio goberno se está tratando de facer no Milladoiro. Deste xeito nunha segunda fase vanse a investir preto de 90.000 euros de fondos europeos FEDER, que están consignados no Orzamento de 2020, que está en fase de elaboración, para unir a través dun senda peonil, o novo parque verde central coas zonas verdes situadas na parte baixa do Milladoiro, na contorna das rúas do Rego e da Costa Grande.    

O alcalde de Ames, José Miñones, explica que con esta actuación financiada con fondos europeos FEDER “permitirá gañar 10.000 metros cadrados de novas zonas verdes no Milladoiro. O novo parque verde central do Milladoiro vai a dar continuidade a zona onde xa está instalada a zona deportiva e educativa do Milladoiro. Vai permitir crear unha área de esparexemento e ocio para a mocidade que estará dotada das actuais pistas polideportivas, parque infantil accesible, anfiteatro para a mocidade e o futuro parque de calistenia que está previsto construír. Deste xeito preténdese fomentar hábitos saudables entre á mocidade que nesta zona poderán practicar deporte e gozar do seu tempo de ocio”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, indica que “dende o goberno actual sempre se defendeu a idea de que no Milladoiro hai espazos verdes, pero que había que abrilos urbanisticamente á veciñanza e acondicionalos. Nunha segunda fase vanse investir preto de 90.000 euros máis para unir a través dunha senda peonil as zonas verdes da zona alta do Milladoiro coas zonas verdes da parte baixa”. Ademais salientou “a aposta que está facendo este goberno por dotar ao Milladoiro dunha área que aglutine instalacións deportivas, educativas e zonas verdes, pensada tanto para a mocidade coma para as persoas adultas”. 

Comentarios
Lo más