Frío e posibilidade de chuvia en Compostela

Frío e posibilidade de chuvia en Compostela
Frío e posibilidade de chuvia en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 3 e os 14 graos

Persiste o aire frío nas capas altas da atmosfera, polo que de novo o sábado será unha xornada con certa inestabilidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, coa posibilidade de que se rexistre algún chuvasco illado e ocasional. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O ventos soprará frouxo do suroeste.

En Compostela esperánse ecos con nubes e claros en xeral, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o sábado. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais. 



Comentarios
Lo más