O Concello de Oroso promociona en Fitur o Camiño Inglés e o patrimonio natural do municipio

O Concello de Oroso promociona en Fitur o Camiño Inglés e o patrimonio natural do municipio
O Concello de Oroso promociona en Fitur o Camiño Inglés e o patrimonio natural do municipio

O Concello de Oroso ten unha destacada presenza na edición 2020 de Fitur, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo, onde este venres promocionou o seu patrimonio natural e o Camiño Inglés

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Turismo e deputado provincial, Antonio Leira, participaron nos actos do Día de Galicia na feira e mantiveron reunións traballo con representantes do Concello de Madrid e da Casa de Galicia.

Oroso é un dos grandes impulsores do Camiño Inglés, e de feito Mirás é o actual presidente da asociación de concellos polos que transcurre. Hai interese por parte do Concello de Madrid pola promoción da ruta xacobea e incluso por acoller alguna das actividades de ‘Primaveira no Camiño’.

Por outra parte, Mirás e Leira mantiveron varias reunións con diferentes touroperadores turísticos, interesados polo potencial histórico e de natureza de Oroso, ademais de pedir información sobre eventos como a Festa da Troita.

“Cada ano son máis as entidades e persoas interesadas en Fitur polos atractivos paisaxísticos, patrimoniais e culturales que temos en Oroso”, asegura Mirás. “Temos un concello que hoxe en día está no mapa turístico pola súa gastronomía e a natureza”, engade o alcalde.

Comentarios
Lo más