A Casa da Cultura de Lousame acolle o espectáculo musical “Canta Música”

A Casa da Cultura de Lousame acolle o espectáculo musical “Canta Música”
A Casa da Cultura de Lousame acolle o espectáculo musical “Canta Música”

O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idad

A Casa da Cultura de Lousame acolle este domingo 26 de xaneiro, ás 18:00 horas, o espectáculo musical “Canta Música”, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idade. Organizado polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, trátase dun concerto-obradoiro de canto, música e xogos levado a cabo por Pablo Díaz e Olga Kirk. A entrada é libre e de balde.

“Canta música” inclúe cancións infantís e xogos bailables, con ritmos básicos da nosa cultura musical recollidos polos músicos e especialistas en tradición oral Pablo Díaz e Olga Kirk. Así mesmo, Díaz interpretará temas do seu primeiro traballo discográfico “Tic-tac” (2009). 

Comentarios