A biblioteca Ánxel Casal celebra o Día da Ilustración

A biblioteca Ánxel Casal celebra o Día da Ilustración
A biblioteca Ánxel Casal celebra o Día da Ilustración

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou na Biblioteca Pública Anxel Casal o programa de actividades que conmemorarán o Día da Ilustración o vindeiro 30 de xaneiro nas Bibliotecas Públicas e nas Escolas de Arte de Galicia.  A cita, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), ten como obxectivo lembrar e reivindicar o papel de todos os profesionais da ilustración e ademais, homenaxea a un autor histórico galego.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou na Biblioteca Pública Anxel Casal o programa de actividades que conmemorarán o Día da Ilustración o vindeiro 30 de xaneiro nas Bibliotecas Públicas e nas Escolas de Arte de Galicia.  

A cita, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), ten como obxectivo lembrar e reivindicar o papel de todos os profesionais da ilustración e ademais, homenaxea a un autor histórico galego. Este ano, o Día da Ilustración está dedicado ao ilustrador e escritor Cándido Fernández Mazas (Ourense, 1902- Castro Caldelas, 1942).

No marco desta celebración, a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago ofrece aos seus visitantes unha mostra sobre a ilustración galega ata o 31 de xaneiro, e o día 30 ás 18,30 h. desenvolverase un obradoiro de introdución á banda deseñada para nenos con Jorge Campos. 

Comentarios