Catro feridos e seis vehículos implicados nun accidente de tráfico en Vigo

Catro feridos e seis vehículos implicados nun accidente de tráfico en Vigo
Catro feridos e seis vehículos implicados nun accidente de tráfico en Vigo

Un choque múltiple con ata seis vehículos implicados deixou catro persoas feridas no concello de Vigo

Segundo os datos facilitados polo 112, o accidente produciuse na Avenida de Alcalde Portanet, á altura do número 40, sobre as 10:15 horas da mañá.  Varios particulares solicitaron axuda para os ocupantes dos vehículos implicados nun accidente na parroquia de Santa María de Castrelos.

Desde o 112 púxose a situación en coñecemento do 061, Bombeiros de Vigo e de Protección Civil da localidade. Un dos feridos tivo que ser excarcerado e outros foron trasladados ao centro hospitalario.

Comentarios
Lo más