Domingo de chuvia en Compostela

Domingo de chuvia en Compostela
Domingo de chuvia en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 6 e os 12 graos

Unha fronte pouco activa asociada a unha borrasca localizada no Atlántico norte achegarase a Galicia durante este día. Isto fará que teñamos os ceos moi anubrados e algunhas chuvias, que comezarán durante a mañá pola franxa atlántica e que irán chegando ao resto da Comunidade co avance da xornada. 

As temperaturas mínimas subirán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán moderados de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico pola tarde.

En Compostela esperase chuvia durante todo o día con ceos anubrados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán moderadamente. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais. 

Comentarios