Arde unha oficina ao reavivarse o incendio que afectou onte a un almacén en Vilalba

Arde unha oficina ao reavivarse o incendio que afectou onte a un almacén en Vilalba
Arde unha oficina ao reavivarse o incendio que afectou onte a un almacén en Vilalba

Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia pasados uns minutos das 7:15 horas

O incendio que afectou onte a un almacén en Vilalba reavivouse esta mañá e afectou a unha oficina do local que ardeu por completo, sen rexistrarse danos persoais.

Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia pasados uns minutos das 7:15 horas.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil.

Unha vez sufocado o incendio, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da localidade permaneceron no almacén revisando as zonas afectadas.

Comentarios
Lo más