Incendio nun edificio abandonado na Coruña

Incendio nun edificio abandonado na Coruña
Incendio nun edificio abandonado na Coruña

Foi unha persoa particular quen alertaba ao 112 Galicia ás 20:40 horas

Un incendio declarado a pasada tarde nun edificio abandonado na rúa de Monforte, na Coruña, mobilizou aos servizos de emerxencia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, arderon dúas habitacións situadas no segundo andar.

Foi unha persoa particular quen alertaba ao 112 Galicia ás 20:40 horas. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros da Coruña, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Polo momento, descoñécense as causas que provocaron o lume.

Comentarios