Un accidente múltiple en Vigo provoca catro persoas feridas

Un accidente múltiple en Vigo provoca catro persoas feridas
Un accidente múltiple en Vigo provoca catro persoas feridas

Ata o lugar, desprazáronse ademais, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e o persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía

Un accidente con polo menos catro turismos implicados, deixou esta mañá un total de catro persoas feridas.

Sobre as 09:30 horas, unha persoa particular alertou ao 112 Galicia dunha colisión múltiple por alcance, na rotonda do Álvaro Cunqueiro, na VG-20. Descoñecía se había persoas feridas.

Así, con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron que catro persoas, aínda que non parecían revestir gravidade, resultaran feridas. Ata o lugar, desprazáronse ademais, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e o persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía.

Os Bombeiros de Vigo tamén foron informados.

Comentarios
Lo más