Prorrogan a prisión provisional do Chicle polo asasinato de Diana Quer

Prorrogan a prisión provisional do Chicle polo asasinato de Diana Quer
Prorrogan a prisión provisional do Chicle polo asasinato de Diana Quer

A Audiencia decreta que a máxima duración posible da prisión provisional concluirá o 29 de decembro de 2032

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acordou a prórroga da situación de prisión provisional do condenado á pena de prisión permanente revisable, a catro anos de prisión e a quince anos de liberdade vixiada pola morte de Diana Quer. 

A Audiencia decreta que a máxima duración posible da prisión provisional concluirá o 29 de decembro de 2032. “Debe precisarse que tal é o tempo máximo que a norma permite, o que non implica –nin é en absoluto previsible- que a medida poida ter necesariamente tal duración, nin exclúe que o tempo transcorrido de privación provisional de liberdade constitúa un factor que deba ser tido en conta para o mantemento ou cesamento da medida, como esixe a súa natureza provisional e excepcional”, explica o maxistrado presidente no auto. 

O xuíz destaca que “non se discutiu a subsistencia de motivos xustificadores da situación de prisión preventiva”.

Comentarios
Lo más