Galicia rexistrou 36 accidentes esta fin de semana nas estradas

Galicia rexistrou 36 accidentes esta fin de semana nas estradas
Galicia rexistrou 36 accidentes esta fin de semana nas estradas

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 16 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 44 persoas debido a 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 24 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 26 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 19 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 39 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 36 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 44 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 73% e do 27% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34% dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 16 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 50. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 40 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións

En 36 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

Comentarios
Lo más