O Obradoiro acolle un novo minuto de silencio pola muller asasinada polo seu marido en Pastoriza

O Obradoiro acolle un novo minuto de silencio pola muller asasinada polo seu marido en Pastoriza
O Obradoiro acolle un novo minuto de silencio pola muller asasinada polo seu marido en Pastoriza

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e outros integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada

A praza do Obradoiro acolleu onte ao mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido en Pastoriza (Lugo).

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e outros integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas. 

Comentarios
Lo más