Vintecinco veciños de Ribeira participaron no curso de poda de froiteiras de óso e pepita

Vintecinco veciños de Ribeira participaron no curso de poda de froiteiras de óso e pepita
Vintecinco veciños de Ribeira participaron no curso de poda de froiteiras de óso e pepita

Tal foi o éxito da iniciativa (xa o ano pasado levouse a cabo outra similar) que dende os Servizos Sociais Comunitarios se está a traballar na organización dun segundo curso

Un total de 25 veciños participaron o xoves e o venres nun curso de poda de froiteiras de óso e pepita. Impartida por Carme Freire, a parte teórica foi impartida nas aulas formativas de Servizos Sociais situadas na rúa Cristóbal Colón e a práctica nunha horta da parroquia de Santa Uxía.

Tal foi o éxito da iniciativa (xa o ano pasado levouse a cabo outra similar) que dende os Servizos Sociais Comunitarios se está a traballar na organización dun segundo curso de poda, xa que non se puideron satisfacer todas as solicitudes de inscrición cursadas.

Comentarios
Lo más