Cortada ao tráfico a A-52 á altura de Allariz por mor dun accidente cunha furgoneta implicada

Cortada ao tráfico a A-52 á altura de Allariz por mor dun accidente cunha furgoneta implicada
Cortada ao tráfico a A-52 á altura de Allariz por mor dun accidente cunha furgoneta implicada

Interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

O accidente dunha furgoneta esta mañá na A-52, en Allariz, condicionou o tráfico na autovía. De feito, o tránsito de vehículos na vía de circulación estivo interrompida para que un helicóptero medicalizado mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendese ao único ferido, aínda que, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o home foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ao crerse nun primeiro momento que a persoa que circulaba na furgoneta estaba atrapada, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Xinzo e dos Voluntarios de Protección Civil de Allariz. Finalmente, segundo se lle confirmou ao 112 Galicia, o condutor puido saír do vehículo sen que se chegase a empregar o material de excarceración. Ademais, interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 208 da autovía, á altura de Meire, en sentido a Benavente e foron os servizos sanitarios os que alertaron do ocorrido ao 112 Galicia, ao fío das 9:40 horas.

Comentarios
Lo más