O grupo de rock Grilo presentan o seu primeiro disco na Sala Capitol

O grupo de rock Grilo presentan o seu primeiro disco na Sala Capitol
O grupo de rock Grilo presentan o seu primeiro disco na Sala Capitol

Dálle Lume é o primeiro disco da banda galega de rock Grilo

O grupo de rock compostelán Grilo, formado por Adrián (voz e guitarra), Alberte (baixo e coros) e Miguel (batería), presenta este venres, 31 de xaneiro, o seu primeiro disco, "Dálle lume"na Sala Capitol acompañado por Pauliña.

Con potentes letras en galego e son contundente, Grilo créase no 2018 na cidade de Compostela. En novembro dese mesmo ano publicaron “Criminal”, o seu primeiro sinxelo, un trallazo de rock duro que deixa ver as influencias nas que se move o grupo. “Rebelión”, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda posicionarse no xerme da nova escena musical galega. 

DÁLLE LUME

Dálle Lume é o primeiro disco da banda galega de rock Grilo. Nel pódese atopar un conxunto de 9 composicións propias que contan cunha produción moi fiel ao que supón ver en directo ao grupo. Rock potente, pesado e directo con letras na lingua propia, esa é a mellor definición da nova aposta dende Galiza polo rock e o metal.

Todos os temas foron gravados, mesturados e masterizados nos Estudios Mafia do Carballiño por Óscar Fernández (Chichi) en outubro de 2019, agás Criminal que foi gravado no mesmo estudio en novembro do 2018 e Rebelión, que foi gravado en xaneiro do 2019 nos Estudios Pousada Son. 

Comentarios