A ESMU Magariños celebra hoxe en Brión a terceira edición do Festival de Músicas Modernas

A ESMU Magariños celebra hoxe en Brión a terceira edición do Festival de Músicas Modernas
A ESMU Magariños celebra hoxe en Brión a terceira edición do Festival de Músicas Modernas

Será ás 20:00 horas no salón de actos do centro social polivalente

A Escola Municipal de Música Magariños celebrará o III Festival de Música Modernas hoxe xoves 31 de xaneiro, a partir das 20:00 horas, no salón de actos do centro social polivalente. Un evento protagonizado polo alumnado do itinerario moderno que “porá enriba do escenario pezas moi variadas e coñecidas para o público”, explica Carlos Pintor, director da ESMU Magariños. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

O programa inclúe seis actuacións moi variadas. Comezará coa interpretación de “Canción de Nerea” a cargo do combo junior “7 tolas”; seguido de “Dimo á cara”, do combo junior; e “I wanna get better”, de The Bleachers, polo combo junior “Pi Numbers”. Tomarán o relevo Mara, Alicia, Neo e Pablo con “You are the reason”, de Calum Scott; e o dúo Patricia e Juan, cun tema de Cole Porter: “I got you under my skin”.

O broche de ouro correrá a cargo dun coro amateur da ESMU Magariño que interpretará tres temazos: “Have you ever seen the rain”, de John Fogerty; “Stand by me”, de Ben. E. King; “Why do fools fall in love”, de Frankly Lymon & The Teenagers.

O III Festival de Música Modernas está organizado pola ESMU Magariños de Brión, en colaboración co Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Comentarios
Lo más