Arden dous conxeladores nunha casa en Brión

Arden dous conxeladores nunha casa en Brión
Arden dous conxeladores nunha casa en Brión

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o incendio quedou sufocado ao fío das 00:35 horas

or outra banda, un incendio afectou a dous conxeladores situados no segundo andar dunha casa, sen que se rexistrasen danos persoais. Sucedeu en Brión, no lugar de Soigrexa, uns minutos antes das 00:10 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do GES de Brión, dos Bombeiros de Santa Comba e da Garda Civil.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o incendio quedou sufocado ao fío das 00:35 horas.

Comentarios