Padrón contará cunha residencia de maiores de xestión municipal

Padrón contará cunha residencia de maiores de xestión municipal
Padrón contará cunha residencia de maiores de xestión municipal

O centro, que contará con 3600 metros cadrados e 60 prazas, será posteriormente de xestión municipal

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, anunciaron onte á tarde que a Xunta de Galicia colaborará na construción da futura residencia de maiores municipal. 

Fabiola García indicou que a previsión é que neste primeiro trimestre do ano se firme o convenio entre o Concello e a Administración autonómica para materializar este compromiso, que posibilitará, en primeiro lugar, a redacción do proxecto. O centro, que contará con 3600 metros cadrados e 60 prazas, será posteriormente de xestión municipal. 

A conselleira destacou a importancia da colaboración entre administracións para achegar os mellores servizos ao maior número de persoas posible. No caso de Padrón, puxo como exemplo o servizo de axuda no fogar co que se atende, grazas á colaboración entre Xunta e Concello, a máis de 50 persoas.

Comentarios