Brión recupera para fins sociais un total de 21.000 pezas de roupa usada en 2019

Brión recupera para fins sociais un total de 21.000 pezas de roupa usada en 2019
Brión recupera para fins sociais un total de 21.000 pezas de roupa usada en 2019

En total, este contedor recolleu 9.364 quilos de téxtil usado en Brión durante 2019 para darlles unha segunda vida a través da reutilización e a reciclaxe

A veciñanza de Brión recuperou 21.000 pezas de roupa usada durante o pasado ano 2019, o que representa un aumento do 9,95% con respecto ao ano 2018, no que se recolleron 19.100 pezas. Son datos recollidos por Humana, Fundación Pueblo para Pueblo, organización que promove a protección do medio ambiente a través da reutilización do téxtil, e que conta cun contedor de recollida en Pedrouzos, emprazado entre o centro de saúde e o local da banda de música de Brión.

En total, este contedor recolleu 9.364 quilos de téxtil usado en Brión durante 2019 para darlles unha segunda vida a través da reutilización e a reciclaxe. Isto representa un aumento do 1,3% con respecto ao ano anterior, no que se recolleran 9.241 kg de roupa, calzado, complementos e téxtil do fogar.

Un servizo de recollida gratuíto que tamén supón un importante apoio ao medio ambiente, pois a colaboración da veciñanza brionesa supuxo evitar a emisión de 29 toneladas de CO2 á atmosfera durante 2018, pois de cada quilo de roupa que se reutiliza e non se incinera evítanse a emisión de 3,169 quilos de CO2, segundo datos da Comisión Europea. Os veciños e veciñas de Brión poden seguir achegando a roupa, o calzado, os complementos e os téxtiles do fogar que non utilizan no contedor de Humana, entidade que lles dará unha segunda vida.

“Agradecemos la solidaridad y la confianza de los vecinos y vecinas del concello”, asegura Ricardo Rodríguez, responsable da Fundación en Galicia, que engade: “Humana contribuye a hacer más sostenible el sector de la gestión de residuos con una visión de economía circular, ya que reintroduce las prendas en la cadena de valor, genera recursos con un impacto social positivo, crea empleo verde y sostenible, incide en el ámbito local y promueve la mejora de las condiciones de vida de las comunidades más desfavorecidas gracias a programas de cooperación al desarrollo”.

A maiores, o Concello de Brión tamén mantén durante todo o ano o programa “Brión Solidario”, no que tamén se pode colaborar achegando roupa, calzado e todo tipo de enseres que solicitan as familias máis necesitadas do municipio. Un programa que se xestiona de forma totalmente anónima dende os Servizos Sociais municipais que, a través de e-mail, informa aos veciños e veciñas das necesidades concretas.

Comentarios
Lo más