A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle un novo obradoiro de acabados en madeira

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle un novo obradoiro de acabados en madeira
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle un novo obradoiro de acabados en madeira

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da concellería de Benestar Social, organiza un novo obradoiro de acabados en madeira. Este desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns, todos os luns de 18.30 a 20.30 horas a partir do 10 de febreiro. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044. 

Este novo obradoiro de acabados en madeira será impartido pola voluntaria Marité Lamas. Nel, desenvolveranse técnicas para restaurar mobles, como a stencil, a decapage ou o decapé. Desta maneira, preténdese dar unha nova vida a eses mobles que temos abandonados na casa, ou que xa están un pouco antigos, para intentar modernizalos e darlles un toque de deseño.

Desta maneira, comezarase falando dos tipos de madeira que existen no mercado, como reacciona cada un deles ás diferentes tipos de pinturas ou de como se pode converter unha madeira escura en clara, e viceversa. Posteriormente, a teoría será a levada a practica con pequenos obxectos de madeira, para finalmente, acabar restaurando antigos mobles.

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Luísa Feijóo, explica que “con este obradoiro poderemos devolverlle a esencia orixinal a aqueles obxectos, mobles de madeira que teñamos dándolle unha nova vida, ademais de conseguir pezas exclusivas, aforrar e contribuír a sustentabilidade reciclando e non tendo que comprar pezas novas. Temos que agradecer tamén a labor da nosa voluntaria Marité Lamas que tanto colabora co departamento”.

Trátase polo tanto, dun obradoiro experimental, que pretende compartir experiencias e momentos agradables en grupo, mentres se afonda na formación arredor da maneira e as súas posibles técnicas de restauración. Para máis información ou inscribirse, pódese chamar ao número 662 377 044.

Comentarios