Nova concentración de pensionistas no Obradoiro

Nova concentración de pensionistas no Obradoiro
Nova concentración de pensionistas no Obradoiro

A Plataforma de Pensionistas de Compostela volveu a concentrarse este luns ás 12.00 horas, no Obradoiro, en defensa do sistema público de pensións

Este luns, tres de febreiro, ás doce da mañá, realizouse unha nova concentración da Plataforma Pensionistas Compostela  na Praza do Obradoiro, ademáis de facer un percorrido por Compostela ata o Toural, pola Rúa Nova e volver ao Obradoiro pola Rúa do Vilar.

"Unha vez máis imos trasladar ao Goberno do Estado que non pararemos de mobilizarnos ata que se garantan as pensións nos Orzamentos Xerais do Estado e a súa revalorización de acordo ao IPC anual; e se recolla na Constitución Española a garantía das pensións públicas", afirman dende a Plataforma, que aboga por "pensións mínimas de 1.084 euros que garantan poder vivir con dignidade conforme á Carta Social Europea e a eliminación da fenda de xenero, entre outros aspectos". "Goberne quen goberne, as pensións deféndese", sinalan.


Comentarios