A biblioteca Ánxel Casal celebra a V Semana da Cultura Chinesa

A biblioteca Ánxel Casal celebra a V Semana da Cultura Chinesa
A biblioteca Ánxel Casal celebra a V Semana da Cultura Chinesa

Ademais, todas as persoas que se acheguen á biblioteca poderán desfrutar da mostra bibliográfica "Sóame a chinés" que estará na sala infantil do 3 ao 15 de febreiro.

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle do 5 ao 7 de febreiro a V Semana da Cultura Chinesa, un ciclo de actividades organizadas pola Asociación Cultural Educativa Qu Yuan, 阿塞屈原; coordinadas por Miguel Cortés Hernández (米東方), vogal de Intercambios Lingüísticos e Actividades Culturais da Asociación e por Han Yu (韩禹) , presidente da Asociación China Universitaria de Santiago de Compostela 圣地亚哥大学中国学生学联, orientadas á celebración do Ano Novo da Rata e áintrodución dos aspectos básicos da cultura e tradicións deste país milenario. Este é o programa:

Mércores, 5 de febreiro

*Ás 18:15h na sala infantil inaugúrase o ciclo de actividades coordinadas por Miguel Cortés Hernández, da Asociación Educativa Cultural Qu Yuan (屈原) e Han Yu (韩禹)

*A continuación ás 18.30h na sala infantil realizarase o obradoiro “Escritura chinesa con pinceis” A cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Han Yu (韩禹) e Miguel Cortés Hernández (米東方). A maxia e beleza da escritura chinesa nas nosas mans, nos nosos trazos, unha experiencia divertida de sensibilidade e destreza para os participantes. Dirixido a rapazada de 6 a 16 anos. O límite de prazas é de 8 nenos e nenas. Cada un deles poderá vir acompañado dunha persoa adulta que tamén participará no obradoiro. Entrada por rigorosa orde de chegada.

Xoves, 6 de febreiro

*Ás 18:30h na Sala Infantil realizarase o obradoiro: “Pintura tradicional chinesa” a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Han Yu (韩禹) e Miguel Cortés Hernández ( 米東方) Unha tradición oriental na que a atención e a habilidade conxúganse coa creatividade e o entretemento. Dirixido a rapazada de 6 a 16 anos. O límite de prazas é de 8 nenos e nenas. Cada un deles poderá vir acompañado dunha persoa adulta que tamén participará no obradoiro. Entrada por rigorosa orde de chegada.

Venres, 7 de febreiro

*Ás 17:30h no Salón de Actos celebrarase o obradoiro: “Farois chineses da boa sorte”, a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Han Yu (韩禹) e Miguel Cortés Hernández. Construiremos estes elementos tan vistosos e tradicionais, decorados cos caracteres chineses da boa sorte. Ao finalizar, as familias que o desexen poden acompañar á Asociación Qu Yuan ao lago do Parque da Música en Compostela, fronte ao Auditorio de Galicia, para botar os farois á auga e gozar deste momento de bos propósitos para o Ano Novo da Rata. Dirixido a persoas de 6 a 100 anos. Actividade familiar. As nenas e nenos menores de 12 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta que tamén participará no obradoiro. Máx. 40 persoas que poderán retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca unha hora antes do inicio.


Comentarios