Máis de 3000 estudantes foron universitarios por un día

Máis de 3000 estudantes foron universitarios por un día
Máis de 3000 estudantes foron universitarios por un día

Os alumnos tomaron parte esta semana  nos ‘Encontros na Zona USC’

O programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC achegou aos estudantes de ensino medio os distintos estudos de grao que se ofertan nos campus de Compostela a través dunha nova edición dos denominados ‘Encontros na Zona USC’. 

As residencias universitarias do Burgo das Nacións e do Monte da Condesa serviron o martes, de punto de partida para os distintos itinerarios a través dos cales o alumnado preuniversitario puido coñecer de primeira man a oferta docente e de servizos da Universidade.

Os encontros estenderonse ata este xoves día 6 de febreiro e ao longo destes tres días, 3.347 estudantes, procedentes de 63 centros de ensino medio de toda Galicia, poideron acceder a aulas, laboratorios e bibliotecas da Universidade. 

Os mozos e mozas preuniversitarios puideron seleccionar, de acordo coas súas inquietudes formativas, os centros que desexaban coñecer de primeira man. Nestas visitas, ademais de profesorado, participaron os alumnos titores dos distintos centros universitarios, que foron os encargados de dirixir ao alumnado polo campus e trasladarlles as súas vivencias na USC. 

Comentarios
Lo más