Manifestación en Touro polos recortes de persoal sanitario

Manifestación en Touro polos recortes de persoal sanitario
Manifestación en Touro polos recortes de persoal sanitario

A plataforma en defensa do centro de saúde de Touro acudirá á manifestación convocada por SOS sanidade o vindeiro domingo en Compostela

Varios centos de manifestantes comcentráronse este mércores ante o centro de saúde do concello de Touro para denunciar os recortes en persoal sanitario que provocan que para unha poboación de mais de 3500 habitantes só dispoñan dun médico, o que provoca retrasos inasumibles nas citas médicas e unha constante situación de perigo ante calquera imprevisto que pode deixar ó concello sen ningún facultativo. A isto súmase a ausencia de pediatra que provoca que os veciños teñan que facer quilómetros para que os nenos sexan atendidos.

Piden que o goberno de Feixóo  acabe cos recortes na sanidade pública e se atendan dunha vez por todas as necesidades da xente. 

 

Comentarios
Lo más