As familias e empresas en quebra soben un 11,7% en Galicia en 2019

As familias e empresas en quebra soben un 11,7% en Galicia en 2019
As familias e empresas en quebra soben un 11,7% en Galicia en 2019

As empresas e familias en quebra aumentaron un 11,7% en Galicia ao longo de 2019 ata un total de 296 (había 265 ao peche de 2018), segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este incremento das familias e empresas que se declararon en concurso de acredores (suspensión de pagos e quebras) na Comunidade case cuadriplica a alza do 3% rexistrada en España.

Por tipoloxía de empresa, os concursos en sociedades limitadas eleváronse ata 194 (29 máis que o ano anterior). A elas sumar 13 SA, 19 empresas que son persoas físicas e seis doutro tipo. Pola súa banda, hai 64 familias en quebra, tres máis que un ano antes.

Do total de 296 concursos, 263 foron de tipo voluntario e 33 foron necesarios. Ademais, case todos se realizaron por procedemento abreviado (283).

No tocante aos sectores das empresas en quebra, a industria nas súas diferentes variantes é a que acumula un maio número, con 43; seguida do comercio por xunto (30). Por número de asalariados, o maior grupo está nas compañías cun ou dous asalariados (61). E por volume de negocio, as máis afectadas non pasan de 250.000 euros (88). 
Comentarios
Lo más