Brión acolle o primeiro dos dous concertos da ESMU Magariños

Brión acolle o primeiro dos dous concertos da ESMU Magariños
Brión acolle o primeiro dos dous concertos da ESMU Magariños


A Escola Municipal de Música Magariños de Brión organiza unha nova edición do ciclo “Venres musicais”, que este ano chega á súa sétima sesión e que inclúe dous concertos


O primeiro deles terá lugar este venres 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Aula 5 da escola municipal de música de Brión. A entrada é libre e de balde.

O concerto contará “cun repertorio variado de obras, dende o clasicismo de Beethoven ou Rossini ata obras modernas e de carácter popular”, explica Carlos Pintor, director da ESMU Magariños. A interpretación estará a cargo de 20 alumnos e alumnas de piano e guitarra do Nivel II do Plan Educativo Xeral (PEX), é dicir, dos dous primeiros cursos da escola. Pintor lembra que os “Venres musicais” naceron “para facer da aprendizaxe do instrumento e a interpretación unha xuntanza que vaia na mesma liña. Queremos así converter a audición diante do público, nun feito cotián para os nenos e nenas que estudan na nosa escola”.

Os “Venres Musicais” están organizados pola ESMU Magariños, que conta coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O seguinte concerto terá lugar o vindeiro venres 13 de marzo, ás 20:00 horas, no auditorio do centro social polivalente. Nesa ocasión, a actuación correrá a cargo do alumnado de piano e guitarra dos Niveis II e III.

Comentarios
Lo más