O centenario da Revista Nós en Os Luns do Ateneo

O centenario da Revista Nós en Os Luns do Ateneo
O centenario da Revista Nós en Os Luns do Ateneo

Este luns, dentro dun novo acto do ciclo Os Luns do Ateneo, terá lugar unha mesa redonda titulada «Cen anos de Nós. Perspectiva etnográfica e artística», que contará coa participación do arqueólogo e etnomuseólogo José Carlos Sierra e a historiadora da arte Mercedes Rozas.

Na actividade, que se desenvolverá como sempre ás 20.00h na Rúa do Vilar, 19, tratarase a importancia que tivo este boletín mensualpara a explotación de Galicia e da súa cultura entre o resto de culturas europeas, moi próximas a esta, ademais de falar dos autores que conformaron a súa xeración e os seus efectos na arqueoloxía, etnografía, historia e pensamento.

A Revista Nós naceu en Ourense un 30 de outubro do ano 1920. Impulsada e dirixida por Vicente Risco, foi unha publicación sobre literatura, lingüística, arte, etnografía, filosofía e pensamento político, que estaba vinculada ao nacionalismo e tiña o fin de normalizar o uso da lingua e elevalo a ámbitos orais e culturais. Entre os seus colaboradores destacaron personalidades como Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Ánxel Fole ou Luís Pimentel.

José Carlos Sierra estudou Historia nas Universidade de Santiago e Valladolid. Dende 1985 pertence ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado e foi director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e do Museo das Peregrinacións de Santiago, ademais de ser nomeado en 2008 secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte en Ourense. Pola súa parte, Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de arte moderno e contemporáneo pola USC. Ademais, desempeña o seu traballo no ámbito do comisariado de exposicións e a crítica de arte.

Comentarios