O Victoria FC quere manter as boas sensación na xornada 18

O Victoria FC quere manter as boas sensación na xornada 18
O Victoria FC quere manter as boas sensación na xornada 18

Empatado na terceira posición da táboa co Dépor B -ambos con 33 puntos e idénticas estatísticas en canto a triunfos (10), empates (3) e derrotas (4) así coma en goles a favor (39) e en contra (16)- o Victoria FC afronta a  18.ª xornada de Liga en 1.ª Nacional Femenina co obxectivo de manter as boas sensacións do último encontro na casa ante o Sardoma (3-1) e non perder a ocasión, se o conxunto herculino cae na visita ó Oviedo Moderno B (5.º clasificado) de volver por distancia co cadro coruñés.

O adestrador compostelá Chivi García mantén para a visita ó Oceja as baixas de Carmen, Carlita, Choren e Noelia Moure, pero a boa nova é que Albita volve a unha convocatoria despois de varios meses afastada por culpa de unha lesión.

O técnico confía nas súas xogadoras de cara a este importante encontro porque considera que “o equipo leva unha liña ascendente no seu xogo dende o parón de Nadal”. “Sabemos que este partido é unha final para nós se queremos meter presión ó líder (Viajes Interrías Fútbol Femenino que ten  41 puntos) que visitará Santa Isabel na seguinte xornada”, recorda. 

Chivi García ve ó Oceja coma un rival “moi intenso, que presiona en campo contrario e non deixa ós equipos elaborar o seu xogo coma local polas dimensións do mesmo”. “Ven de empatar na casa contra o Dépor (0-0) e iso demostra que non nos podemos deixar levar pola súa situación na clasificación. Será un partido moi disputado”, adianta.

En canto ás claves da cita, o adestrador do Victoria FC sinala unha vez máis “a intensidade coa que saiamos a disputar o partido”. “Os balóns nas segundas xogadas serán importantísimos nun partido destas características e sobre todo o xogo a balón parado. Estamos a conseguir goles a balón parado importantes, é algo no que o equipo mellorou moitísimo con respeto á primeira volta”, insiste.

Comentarios
Lo más