Asínase o contrato para a execución das obras de pavimentación do camiño que vai dende O Mercuto ata A Folgueira

Asínase o contrato para a execución das obras de pavimentación do camiño que vai dende O Mercuto ata A Folgueira
Asínase o contrato para a execución das obras de pavimentación do camiño que vai dende O Mercuto ata A Folgueira

O alcalde de Ames, José Miñones, e o representante da empresa Construcciones J. Mauri e Hijos SL, veñen de asinar o contrato para a execución das obras de pavimentación do camiño que une O Mercuto e A Folgueira (A Ameixenda). Estas obras están incluídas dentro do plan provincial POS+2019, por un importe de 29.662,90 euros. Previamente, dito proxecto foi adxudicado na Xunta de Goberno Local.

A través do plan provincial POS+ 2019 o Concello de Ames vai a executar as obras de pavimentación do camiño que vai dende o lugar de O Mercuto ata A Folgueira, na parroquia da Ameixenda. Desta maneira, o alcalde de Ames, José Miñones, vén de asinar o contrato, para executar ditas obras, co representante da empresa Construcciones J. Mauri e Hijos SL, que é a entidade adxudicataria do proxecto.

Os traballos desenvolverase nun treito que conta cunha lonxitude de 750 metros e 4,00 metros de ancho. Neste camiño preténdese a mellora da capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e previo emprego de quince centímetros de saburra de canteira, quince de grava e tratamento asfáltico semiprofundo en ampliación do ancho da superficie pavimentada ambos lados, 0,50 metros a cada lado, dentro da plataforma actual do camiño.

Completan a obra a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, e a sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordes e símbolos e colocación dunha sinal de stop.



Comentarios