“Comerá o bebé?”, este xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns

“Comerá o bebé?”, este xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns
“Comerá o bebé?”, este xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns

“Comerá o bebé?” é unha sesión de contos, poemas, xogos de mans, música e moito máis encadrada dentro do programa Apego.

Cris de Caldas e Xabi do Camiño presentarán nesta actividade unha magnífica recompilación da nosa tradición oral con música en directo, e coa comida como fío condutor.

As prazas limítanse a 20 por sesión, polo que se require inscrición previa. Para facela, hai que envíar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando a sesións escollida (a das 17.30 horas ou a das 18.30 horas), o nome e apelidos das persoas que veñen, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. O prazo para facelo remata o día 12 de febreiro.

O programa Apego
Apego é un programa colectivo de varios concellos que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, así como axudar á socialización en galego das crianzas.

O programa Apego ofrece información, recursos (tanto virtuais como físicos) e actividades formativas e de lecer tanto para as familias e as crianzas como para os e as profesionais.  Os destinatarios son familias empadroadas en Ames que agarden un bebé ou teñan crianzas de 0 a 6 anos.

Comentarios