Comeza a X Feira de oportunidades de Ordes

Comeza a X Feira de oportunidades de Ordes
Comeza a X Feira de oportunidades de Ordes

Este xoves arranca no 2º andar da Praza de Abastos de Ordes a X Feira de Oportunidades organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes 

A Praza de Abastos é a localización escollida un ano mais, e con éste vai xa unha década, para a celebración da Feira de Oportunidades que organiza o Concello de Ordes. Nela, todo aquel que se achegue dende o hoxe e  ata o sábado 15 pola Praza de Abastos, poderá atopar as mellores ofertas en roupa, deporte e complementos. O horario de apertura será de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas.

Os participantes na X edición da Feira de Oportunidades son:

Alfombra Roja (zapatería)

Blanco Moda (infantil e xuvenil)

Carma (zapatería)

Chic (moda muller)

Dress (moda muller)

Juan Carlos Varela (moda infantil)

Muxa (moda muller)

Peteiro (decoración)

Arco Iris (mercería)

Dana e Aine (complementos)

Numa (moda muller)

El Mercado del Retal.

A maiores, o Concello de Ordes porá a disposición das persoas que visiten a feira un servizo de recuncho infantil. Este servizo estará dispoñible en horario de 18 a 20 horas ampliándose o sábado en horario de mañá de 10:30 a 12:30 horas.

A X Feira de Oportunidades está organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).

Comentarios
Lo más