Inaugurada en Rianxo a alfombra de apoio ao comercio local

Inaugurada en Rianxo a alfombra de apoio ao comercio local
Inaugurada en Rianxo a alfombra de apoio ao comercio local

No acto participaron o alcalde de Rianxo, o responsable de promoción económica o presidente da Asociación Rianxeira de Empresarios, o presidente da Federación de asociacións de alfombristas de Galicia e a presidenta da asociación Ondiñas Mainas

Desde a mañá de este sábado día 8 pódese ver nun local da Praza de Padrón, en Rianxo, una alfombra en apoio ao comercio local de Galicia elaborada por alfombristas de Ames, Bueu, Burela, Miño, Moaña e Ponteareas, que acompañaron aos alfombristas de Ondiñas Mainas (Rianxo).

Tras unha noite de traballo, a alfronba quedou lista para o acto de inauguración no que participaron o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez; o responsable de promoción económica e asistencia a concellos da Deputación da Coruña, Blas García; o presidente da Asociación Rianxeira de Empresarios, Luís Duro; o  presidente da Federación de asociacións de alfombristas de Galicia, Manuel Alonso; e a presidenta da asociación Ondiñas Mainas, Josefa Martínez

O acto foi coordinado por Carlos Henrique Fernández Coto, vicepresidente da Federación de Asociacións de Alfombristas de Galicia, e representante de Ondiñas Mainas na Xunta Directiva da Federación

Comentarios